sábado, 6 de junio de 2015

MUÍÑOS DE TABOADELO

O pasado 13 de maio, o alumnado de 2º ciclo de Primaria participou nun xogo de orientación neste marco natural mágnífico co que conta o concello de Ponte Caldelas. Esta actividade consistiu na busca por grupos, de diferentes balizas e especies da flora autóctona. Os equipos estaban compostos por nenos e nenas mesturados dos diferentes niveis e cursos deste ciclo. A xornada serviunos para promover a importancia da natureza na nosa contorna e para que o alumnado aprenda a valorar o traballo en equipo e a cooperación como un dos piares básicos da Educación Física.



2 comentarios: