viernes, 19 de junio de 2015

COREOGRAFÍA 6ºB

Ante tanta demanda deixo aquí a coreografía realizada polo alumnado de 6ºB. Disfrutádeo!


I CAMPIONATO DE XADREZ


Durante os recreos dos últimos dous meses tivo lugar no centro un campionato de xadrez. Neste evento participaron máis de 25 nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria. Moitos foron premiados por invertir o seu tempo nunha disciplina tan atractiva coma complexa e recibiron diplomas como árbitros oficiais do cole. Noraboa a tod@s!










 

jueves, 18 de junio de 2015

ENTREGA MEDALLAS DEPORTE NA ESCOLA

O pasado 5 de xuño celebrouse no espazo natural da Calzada (Ponte Caldelas) a entrega de medallas do deporte na escola do curso 2014/2015. Aquí queda un vídeo resumo con fotos dos participantes e premiados do noso centro. Vémonos para o ano que vén!











sábado, 6 de junio de 2015

CAMPIONATO DE BRILÉ

Durante o mes de maio tivo lugar un campionato de brilé entre diferentes equipos do 2º ciclo de Primaria. A través desta actividade conseguimos que o alumnado aprendese a respectar as diferentes regras do xogo así como transmitir os valores que calquera actividade física require para a súa práctica. Para isto debemos ter en conta que foron os propios nenos e nenas os que fixeron os equipos, os que se encargaron de arbitrar, cubrir actas, preparar o terreo de xogo...
Esta actividade pretende que os participantes sexan capaces de reflexionar sobre a dificultade e a importancia dos diferentes axentes que participan en calquera torneo deportivo. Estes foron os equipos que participaron.











MUÍÑOS DE TABOADELO

O pasado 13 de maio, o alumnado de 2º ciclo de Primaria participou nun xogo de orientación neste marco natural mágnífico co que conta o concello de Ponte Caldelas. Esta actividade consistiu na busca por grupos, de diferentes balizas e especies da flora autóctona. Os equipos estaban compostos por nenos e nenas mesturados dos diferentes niveis e cursos deste ciclo. A xornada serviunos para promover a importancia da natureza na nosa contorna e para que o alumnado aprenda a valorar o traballo en equipo e a cooperación como un dos piares básicos da Educación Física.