jueves, 27 de febrero de 2014

5º TAMÉN USA O PARACAIDAS

Os nenos de 5º tamén queremos vernos neste blog xogando co paracaídas, así pois non tivemos máis remedio que insistir e insistir ao profe utilizando as nosas mellores armas: o noso ímpetu.
Así que aquí nos tedes xogando a un xogo superdivertido como é o do "Tiburón".
Esperamos que a nosa insintencia consiga sacarvos a lo menos un fermoso sorriso.

O "Tiburón"





miércoles, 26 de febrero de 2014

OS NENOS DE 6º VISITAMOS CERDEDO

Aquí vai a primeira entrega da primeira saída do Deporte Escolar. Desta vez os nenos de 4º e de 6º rendimos visita aos nenos do colexio de Cerdedo.
No seguinte vídeo podedes ver como competiron e disfrutaron os nenos de 6º.
Esperamos que vos guste.

Saída a Cerdedo 6ºEP

jueves, 20 de febrero de 2014

INICIACIÓN AO BADMINTON (4º Primaria)

No seguinte vídeo, podedes ver como se inician ao Badminton os nenos de 4º.
Poderedes ver a evolución desde a primeira sesión ata que xa son capaces de xogar un partido.
Esperemos o que teñan ben aprendido!!!

 
Iniciación ao Badminton (4ºPrimaria)



 

miércoles, 19 de febrero de 2014

2ºA E 3ºA, DISFRUTAN CO PARACAIDAS

En este vídeo podedes ver o ben que opasamos en algunas clases de EF. Desta volta o profe ensinounos varios xogos co paracaídas.
A verdade é que o pasamos xenial, si queredes comprobalo, mirade o vídeo seguinte e opinade vos mesmos.
Ahhhh! e lembrade que TODOS OS VÍDEOS PODEDES VELOS EN HD!!!!. So tedes que pinchar no icono de CONFIGURACIÓN e seleccionar 1080pHD. Veredes que diferencia,


2ºA e 3ºA xogan co paracaidas

lunes, 17 de febrero de 2014

CATEGORÍA INFANTIL (6º)

Bueno, faltaban os nenos de 6º, que tamén participaron. O seu papel foi espectacular, tanto en canto a resultados (resultaron vencedores Adriana e Alberto), como en comportamento.
Desde este blog queremos felicitalos a todos!!!
Parabéns!!!

Infantís (6º)

jueves, 13 de febrero de 2014

CATEGORÍA INFANTIL (4º E 5º)

A continuación tedes ovídeo da gran actuación dos nenos e nenas de 4º e 5º.
O certo é que conseguimos varias medallas.
Ouro de Abdu e bronce de Ian, pero os verdadeiros gañadores foron TODOS os nenos!!!
Parabéns para eles!!!

Categoría Infantil 4º e5º
 

miércoles, 12 de febrero de 2014

CAMPO A TRAVÉS ALEVÍN

Con este vídeo estreámonos!!!! Como non podía ser de outra maneira,aquí tedes aos alevíns competindo no Campo a Través.
Os resultados foron inmellorables. Pasámolo xenial; corremos, tomamos chocolate, compartimos experiencias con nenos de outros coles, disfrutamos dos nosos compañeiros.... En fin, que o mellor será que vexades o vídeo, e así opinades vos mesmos.


Categoría Alevín
 


martes, 11 de febrero de 2014

XA ESTAMOS AQUÍ!!!!

Con esta publicación nace un novo blog. A idea que temos é que este blog teña vida e sexa dinámico.
Usaremos esta ferramenta para que quede constancia de todo o ben que o pasan os cativos facendo exercicio.
Esperemos que esta nova andaina sexa por mooooooito tempo.